csadosar
| Forum role | Member since | Last activity | Topics created | Replies created |
|---|---|---|---|---|
| Member | Jan 14, 2014 (12 years) |
- | 2 | 0 |
- Forum role
- Member
- Member since
Jan 14, 2014 (12 years)
- Last activity
- -
- Topics created
- 2
- Replies created
- 0
Bio
A Casa do Peixe é o Centro Social Autoxestionado do Sar, na cidade de Compostela, onde colectivamente creamos un espazo aberto para os movementos sociais e para a cultura e o lecer alternativos.
O funcionamento do centro social é asembleario e autoxestionado: o espazo organízase mediante unha asemblea aberta na que participan os diferentes colectivos da casa e as persoas que acuden a título individual. Así mesmo, as actividades deberán ser abertas, non lucrativas e ter unha finalidade social.
O casa manténse a través das doacións que recibe da xente que participa e fai uso dela, necesarias para a mellora e mantemento do espazo, así como para financiar tódalas actividades e eventos que se realizan nela.
Se queres organizar algunha actividade, charla, evento, concerto... achégate pola asemblea calquera luns ás 20.30h ou escríbenos a csadosar@gmail.com
Animádevos a participar na construción dun espazo de todes para todes!